A escritora lucense María Reimóndez presenta 'Furia' no Vello Cárcere

LugoXa
A escritora, feminista e doutora en tradución e interpretación española María Reimóndez presenta a súa nova obra, Furia, no Vello Cárcere este martes 27 de febreiro a partir das 19.
maria_reimondez_escritora
25 Feb 2024

A escritora, feminista e doutora en tradución e interpretación española María Reimóndez presenta a súa nova obra, Furia, no Vello Cárcere este martes 27 de febreiro a partir das 19.00 horas. Estará acompañada da tamén autora e artista Luz Darriba e da boxeadora no club Cidade de Lugo Iosefina Bardazau.

O libro achega a historia de Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos que, tras a morte da súa nai non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro.

Furia non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.

0.13710999488831