A estación de tren de Lugo contará cun aparcadoiro seguro para bicicletas
Adif avanzan na súa estratexia de mobilidade sostible en estacións ás que dotarán de aparcadoiros seguros para bicicletas, co fin de promover a integración de modelos de transporte limpos, e impulsando o seu uso en desprazamentos de primeira e última milla. A estación de tren de Lugo contará con un destes aparcadoiros seguros.
Os aparcadoiros, modulables, desmontables e integrables nos espazos de cada estación, serán instalacións pechadas e cubertas para protexer ás bicicletas das condicións climatolóxicas adversas. Así mesmo, permitirán o cadeado e farán fronte a roubos e vandalismo.
As localizacións contarán con apertura e peche electromecánicos e control de acceso intelixente co fin de permitir o acceso ao aparcadoiro unicamente aos usuarios rexistrados. A empresa adxudicataria instalará tamén aparcadoiros denominados U invertida gratuítos.
A instalación de infraestruturas de aparcadoiro seguro para bicicletas nas estacións ferroviarias está aliñada coa estratexia de mobilidade do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) e responde os obxectivos do acordo subscrito coa asociación Rede de Cidades pola Bicicleta, tanto para a mobilidade cotiá como para a relacionada co lecer e o turismo.
A iniciativa enmárcase no Plan de Loita contra o Cambio Climático de Adif e Adif AV/AV 2018-2030, que contempla o fomento da mobilidade sostible como ferramenta para alcanzar os seus obxectivos de descarbonización. E forma parte doutros proxectos para liderar o impulso da electromovilidad, como é o despregamento de puntos de recarga de vehículos eléctricos en 80 estacións.