A estrada N-6 sufrirá cortes e desvíos durante esta fin de semana
A estrada N-6 sufrirá cortes e desvíos debido a realización de obras de rehabilitación do firme na calzada dereita entre os puntos quilométricos 504+900 e 505+300 no término municipal de Lugo.
Os traballos comezarán ás 8.00 do sábado 18 de decembro e finalizarán ás 19.00 do domingo 19 de decembro.
O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (Mitma) serán os executores destas obras que consistirán na reparación das fochancas e blandóns, así como na elevación das tapas de pozos de rexistro. Isto suporá unha mellora na comodidade e na seguridade do tráfico rodado.
Para levar a cabo estes traballos realizaranse cortes e desvíos de tráfico que afectarán aos vehículos que circulen pola estrada N-6 en sentido A Coruña e o polígono do Ceao, e aos que se incorporen á mesma dende á saída da cidade de Lugo a través da Avenida da Coruña.