A estrada provincial LU-P-1201 que une Castroverde co Corgo está sendo aglomerada

LugoXa
La Diputación de Lugo esta arreglando 1,5 quilómetros de la carretera provincial que une Castroverde con O Corgo.
Obras aglomerado O Corgo Castroverd
6 Apr 2022

A Deputación de Lugo acomete estes días os traballos de aglomerado na estrada provincial LU-P-1201, no tramo que une os núcleos de Coto, no Corgo, e Agustín, en Castroverde. A institución provincial inviste 377.000 euros nestas obras coas que practicamente se dobrará o ancho da estrada, pasando dos 4,5 metros aos 7.

As obras afectan a 1,5 quilómetros, entre os núcleos de Coto -no Corgo- e de Agustín -en Castroverde-, dende o punto quilométrico 10,1 ao 11,6 e consisten no movemento de terras, a drenaxe transversal mediante a reposición das cunetas con tubos de formigón, a pavimentación con aglomerado en quente, e a sinalización horizontal e vertical, así como o balizamento e a limpeza de cunetas. Así mesmo, o proxecto que acomete a Deputación de Lugo incluíu a construción dunha nova ponte sobre o río Postigo, xa acometida, cun marco prefabricado de 16,5 metros de lonxitude, que se atopa no quilómetro 10,3, cunha obra de fábrica de mampostería.

Con estas actuacións, a Deputación resolve un problema que se arrastraba dende o ano 2003, cando se expropiaron os terreos para acometer este proxecto, que completa o ensanche da estrada provincial. As obras beneficiarán a moitos veciños e veciñas de maneira directa porque se trata dunha estrada moi transitada que articula os concellos de Baralla, O Corgo e Castroverde, dando servizo a 7 parroquias deste último municipio.

Estes traballos na estrada provincial a LU-P-1201 súmanse aos de mellora e ensanche doutro tramo, de máis de dous quilómetros, entre Souto de Torres e o polígono industrial de Castroverde, unhas obras que contaron cun investimento de 380.000 euros.

A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

0.1730740070343