A estrada que une Palas de Rei por Marzá coa parroquia de Avieira "debe ser reparada"

LugoXa
O Concello de Palas de Rei solicita, unha vez máis, o arranxo da estrada que une Palas de Rei por Marzá coa parroquia de Avieira, xa que se atopa en mal estado e xa foi obxecto de reclamacións noutras ocasións.
estrada que une Palas de Rei por Marzá coa parroquia de Avieira
13 Oct 2023

O Concello de Palas de Rei solicita, unha vez máis, o arranxo da estrada que une Palas de Rei por Marzá coa parroquia de Avieira, xa que se atopa en mal estado e xa foi obxecto de reclamacións noutras ocasións.

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, solicítalle ao goberno bipartito da Deputación Provincial, "que atendan ás numerosas demandas e reclamacións presentadas polos veciños afectados e que fan uso do mesmo, e procedan, con carácter de urxencia, a execución das obras de reparación do citado vial".

Así, explica que "nos últimos anos, son xa numerosas as continuas reclamacións de particulares afectados manifestando as súas queixas ante o estado do vial e en determinadas ocasións presentando alegacións ao concello, como administración máis próxima, polos danos ocasionados nos seus vehículos".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18615984916687