A eurodiputada Ana Miranda visitou unha explotación agrogandeira de Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Afirmou que o BNG ten que estar en Bruxelas para que unha gandeira galega teña os mesmos dereitos que un gandeiro francés
eurodiputada-ana-miranda-pol
Visita de Ana Miranda a unha explotación en Pol
15 May 2024

A eurodeputada do BNG e candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, defendeu que a PAC ten que ter en conta as peculiaridades do agro galego e para iso é fundamental que o Bloque teña representación nas institucións europeas. “O BNG ten que estar en Bruxelas para que unha gandeira galega teña as mesmas axudas que un gandeiro do resto de Europa, por exemplo, francés, algo que non sucede a día de hoxe”, destacou Miranda na visita que realizou a unha explotación agrogandeira no concello lucense de Pol, onde mantivo un encontro con gandeiros da zona.

“O BNG no Parlamento Europeo reclama e reclamará se temos o apoio dos galegos e galegas que a PAC sea xusta, sustentable e que apoie as explotacións agrogandeiras con prácticas sostibles como as que vimos hoxe no Concello de Pol”, asegurou a eurodeputada galega, ao tempo que salientou que estas explotacións fixan poboación no rural, precisamente unha das necesidades do rural galego.

Ana Miranda criticou que “non se estean apoiando estas gandeiras e estes gandeiros galegos que queren facer outro tipo de prácticas sostibles, que son por onde vai o futuro e que queren vivir na súa terra”, salientou. O agro galego precisa ter voz directa en Europa, igual que o resto dos sectores produtivos estratéxicos galegos, e para iso é fundamental que o Bloque acade representación en Europa. Neste sentido, Ana Miranda explicou que a PAC debe actuar como mecanismo de apoio directo ás rendas dos agricultores e agricultoras galegas e que sosteña o noso modelo de agricultura.

Máis investigación

Na visita á explotación, na que tamén participou a candidata número 4 da lista do BNG ás europeas, Mar Pérez Fra,- as propietarias e propietarios das explotacións trasladaron á eurodeputada do BNG diversas consideracións. Así, demandan máis investigación para doenzas e menos burocracia no trámite das axudas. “O BNG leva denunciando en multitude de ocasións que non hai unha boa aplicación da Política Agraria Común, xa que non é normal que non haxa pastos suficientes para producir”, sinalou.

Ana Miranda lembrou que o BNG ten trasladado á Comisión Europea as demandas do sector, en concreto a través de preguntas parlamentares nas que se fai referencia á necesidade de simplificar as cargas administrativas como o novo caderno dixital; a adaptación da metodoloxía dos ecoesquemas e do catálogo de ecorréximes a nosa realidade; así como a flexibilización da condicionalidade e a aplicación das cláusulas espello como principio de reciprocidade nos acordos comerciais internacionais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21464610099792