A executiva do PSOE provincial reúnese para abordar os principais retos políticos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Avaliou o funcionamento e o avance dos distintos grupos de traballo internos, que teñen como obxectivo dinamizar áreas estratéxicas da acción política
reunion-executiva-psoe
4 Jun 2025

O secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes unha nova reunión de traballo da Comisión Executiva Provincial na sede do partido en Lugo.

Esta xuntanza enmárcase na dinámica de impulso político e organizativo que lidera o Secretario Xeral para reforzar a acción do socialismo lucense no conxunto do territorio e dar resposta aos retos presentes e futuros da provincia.

A reunión, celebrada ás 20:00 horas, permitiu avanzar na análise e coordinación das liñas de traballo que marcarán a actividade da organización nos vindeiros meses. Abordáronse cuestións políticas de relevancia en todos os niveis -local, provincial e autonómico-, con temas clave como a vivenda, a mobilidade, as comunicacións ou as infraestruturas, entre outros asuntos de interese para as agrupacións locais.

Así mesmo, a Executiva avaliou o funcionamento e o avance dos distintos grupos de traballo internos, que teñen como obxectivo dinamizar áreas estratéxicas da acción política socialista na provincia.

Con encontros como este, o PSdeG-PSOE de Lugo reafirma o seu compromiso cunha política útil, organizada e pegada ao territorio, que dea resposta ás necesidades reais da cidadanía e contribúa a fortalecer o proxecto socialista dende a proximidade, o diálogo interno e a acción colectiva.

⚙ Configurar cookies
0.18116688728333