A exposición 'A transformación do tecido urbano en Lugo' chega aos distintos barrios

LugoXa
A exposición A transformación do tecido urbano en Lugo estará nos distintos barrios da cidade nos vindeiros meses
Expo Agro do Rolo
7 Nov 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a exposición A transformación do tecido urbano en Lugo, elaborada polo Goberno de Lugo para a Placemaking Week Europe 2022, estará nos distintos barrios da cidade durante os vindeiros meses. A mostra, que se presentou o pasado mes de setembro no maior evento de mobilidade a nivel europeo, busca “explicar como facemos fronte desde Lugo aos retos que implica a mobilidade no presente e no futuro”, segundo explicou Rubén Arroxo.

A exposición pode verse tanto na praza Agro do Rolo como na praza Horta do Seminario, despois de recibir centos de visitas durante o San Froilán, cando estivo ubicada no recinto feiral. Consta de 3 totems que amosan os principais cambios realizados no presente mandato pola área de Mobilidade, con actuacións como a peonalización da Mosqueira ou de Recatelo, ou o plan de calmado de tráfico e os vieiros escolares seguros.

Arroxo explicou que “dar importancia ás persoas ao deseñar os espazos públicos, ou apostar polos medios de transporte alternativos e polo transporte público son algúns dos retos cos que se están a atopar moitas cidades, traballo que en Lugo executamos desde a nosa chegada ao goberno e que se pode visitar nesta exposición”.

0.19802689552307