A exposición 'Inevitable' do Taller Daulloa inaugúrase no Espazo Cultural Lorenzo Varela de Monterroso
Dende o Taller Daulloa de Monterroso anuncian que este mércores, 20 de novembro, inaugurarán unha exposición de arte na que levan traballando dous anos e que xa foi exposta o pasado xuño no Museo Provincial de Lugo e o pasado setembro no Pazo de Tor.
Así, as persoas interesadas en ver a exposición 'Inevitable', unha crítica social pola liberdade sexual e de xénero, poderán facelo ata o vindeiro 13 de decembro no Espazo Cultural Lorenzo Varela de Monterroso.
O Taller Prelaboral para persoas con Discapacidade que pertence á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (Cogami Lugo) dispón dunha aula no Espazo Cultural Lorenzo Varela, onde levan a cabo diversas actividades formativas, prelaborais, de terapia ocupacional, de intervención social...