A exposición itinerante sobre a Axenda Urbana estará na praza Anxo Fernández Gómez
A exposición itinerante na que se abordan os desafíos da Axenda Urbana de Lugo poderasepódese visitar novamente na praza Anxo Fernández Gómez.
“Queremos que a cidadanía coñeza e sexa partícipe das actuacións que se van a impulsar no municipio a través deste Plan e, por iso, convidamos a todos os veciños e veciñas a visitar esta exposición, na que se pode entender mellor o modelo que deseñamos hai sete anos para o municipio e no que estamos a traballar, e que se enmarca plenamente no concepto de urbes sostibles que nos marcan agora as Axendas Españolas e Europea, polo que temos xa un gran camiño percorrido”, explicou Méndez.
A exposición inclúe corenta paneis explicativos e viaxará por diferentes barrios e prazas da cidade. Recolle os desafíos e metas que marca o Plan e como estas se van a tratar de alcanzar na cidade, a través de diversas accións nas que xa se está traballando desde o Concello e que abarcan áreas como urbanismo, vivenda, mobilidade, ou cambio climático, entre outros.
Con esta acción, o Goberno de Lara Méndez busca trasladar aos veciños e veciñas os obxectivos que marca a estratexia ‘Lugo Cidade Verde’, un documento que responde o cumprimento dos compromisos internacionais adoptados de conformidade coa Axenda 2030.
Contido da mostra
Lara Méndez explicou que “a exposición inclúe actuacións xa finalizadas, as que están en obras e as que planificamos. Non están todas as que fixemos, pero si unha gran parte das que amosan o modelo de cidade no que nos estamos a converter con proxectos que nos permiten vivir de xeito máis integrado co Miño (recuperación da vía XIX, Tanxurela, a senda Verde Ciclista, rexeneración do Carme, peonalización da calzada da Ponte...), nunha cidade máis ecolóxica (renaturalización dos espazos e creación de novas áreas verdes), referente no urbanismo sostible (Impulso Verde como edificio emblema e o deseño dos barrios sostibles do futuro), amable, funcional e integradora coa veciñanza de todas as idades (ascensores urbanos, peonalizacións, centros sociais interxeracionais, parques...) cun casco histórico continuo, camiñable e con diversidade de usos (peonalización integral do casco histórico e melloras na súa contorna) que impulsa a participación cidadá (Muramiñae Rehabilita) e fomenta o turismo sostible (co Museo da Romanización, Caldas do Miño e a Fábrica da Luz como proxectos claves)”.