A exposición 'Obxectivo Muralla' reúne a obra de cinco fotógrafos titulados da Ramón Falcón
A Biblioteca Pública Nodal de Lugo acolle ata o vindeiro 3 de febreiro a exposición #Obxectivo Muralla, unha recompilación de 25 instantáneas do monumento realizadas por cinco fotógrafos titulados na Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón.
Á inauguración da mostra, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 3 de febreiro, acudiron o director da Escola, Ramón Cabarcos, catro dos fotógrafos participantes e o delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou
Os autores son Sara Castillo, Esther López, Belén Lozano, María Tejada e Javi Sua, todos eles titulados do Ciclo Superior de Fotografía que imparte este centro educativo. As instantáneas están impresas en vinilo sobre cartón pluma, en formato A3.
A EASD é unha das catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, na que uns 250 estudantes cursan estudios superiores de grao en Deseño de interiores e en Deseño gráfico, así como de ciclos formativos de grao superior de Gravado e estampación, de Cerámica artística ou de Fotografía e de grao medio de Serigrafía artística.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de licitar hai dúas semanas as obras de rehabilitación integral do centro, ás que destina un orzamento de 1 M€.