A exposición sobre os xoguetes de Xosé Lois Basanta chega ao Museo Provincial de Lugo

LugoXa
A mostra reúne máis dun cento de pezas doadas polo coleccionista e percorre a evolución do xoguete entre os anos 20 e os 70
exposicion-xogar,-aprender-e-divertirse-Museo-Lugo
12 Dec 2025

Na Sala de Exposicións Temporais do Museo Provincial de Lugo xa é posible visitar 'Xogar, aprender e divertirse. Os xoguetes de Xosé Lois Basanta Campos', unha mostra que reúne máis de cen pezas cedidas ao centro polo coleccionista da Fonsagrada.

A exhibición, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de febreiro, ofrece un percorrido pola transformación dos xoguetes ao longo de cinco décadas, poñendo o foco nos cambios nos materiais, nos sistemas de fabricación, nas modas e na maneira de entender o xogo e o tempo libre.

Entre os obxectos que se poden ver destacan trens, automóbiles, instrumentos musicais, crebacabezas, xogos de mesa, aparellos cinematográficos e xoguetes ópticos, todos eles acompañados de paneis explicativos que contextualizan como a evolución tecnolóxica, educativa e cultural influíu na creación destes artigos.

Ademais de reconstruír a historia do xoguete, a mostra —integrada no programa “Coleccionismo e museos”— pon en valor as doazóns realizadas por Xosé Lois Basanta ao Museo Provincial, destacando o papel que xogan os coleccionistas privados na preservación e enriquecemento do patrimonio común.

⚙ Configurar cookies
0.078809022903442