A exposición sobre San Paio de Narla do ciclo 'Os Nosos Castelos' abriu en Friol

LugoXa | TerraChaXa
A mostra, que puido verse nas últimas semanas no Museo Provincial de Lugo, colabora na difusión do patrimonio histórico e monumental arredor da fortaleza
exposicion-friol-centro-colaborativo-san-paio-de-narla
16 Nov 2024

A deputada de Cultura Iria Castro participou na inauguración no centro colaborativo de Friol da exposición Os Nosos Castelos. San Paio de Narla e os seus señores, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

A mostra, que puido verse nas últimas semanas no Museo Provincial de Lugo, colabora na difusión do patrimonio histórico e monumental arredor da fortaleza de San Paio de Narla, convertida en museo en 1983 e hoxe integrada na Rede Museística Provincial de Lugo.

A exposición, organizada polo grupo de investigación Historia Social del Poder desde la Edad Media, do IEGPS, e comisariada por Eduardo Pardo de Guevara, consta dunha ducia de paneis nos que se abordan cuestións como o espazo señorial no que se sitúa a fortaleza, a súa evolución arquitectónica, as liñaxes que medraron no seu entorno e a súa pegada documental e literaria.

0.17784881591797