A Expoverbena volve este venres ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo con dous días de festa

LugoXa
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle unha nova edición da Expoverbena este venres e sábado coa actuación dunha decena de orquestras, grupos e cantantes.
5 Abr 2024

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle unha nova edición da Expoverbena este venres e sábado coa actuación dunha decena de orquestras, grupos e cantantes. A cita, que é de entrada gratuíta, comezará o venres a partir das 20.30 horas. Nesta xornada, actuarán a orquestra Suavecito, o grupo Lume e Costa Dorada.

Tamén estarán Verónica Cambón, a cantante Macarena de La Voz Kids, o DJ Marcos Magán e celebrarase unha homenaxe a Miguel Taorres. A festa continúa o sábado da man da orquestra Super Top, a batucada Cadabatú, o grupo M-3 Show, o grupo Arizona, a orquestra Salsarena, Carlos Mariano e Hermo Disco-Truck.

0.10794305801392