A Facultade de ADE de Lugo ofrece un relatorio sobre a intelixencia artificial e a súa relación co consumidor

LugoXa
O catedrático de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidade de Zaragoza, Luis Casaló, ofrece o venres 1 de marzo, a partir das 11.
facultade ade lugo
26 Feb 2024

O catedrático de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidade de Zaragoza, Luis Casaló, ofrece o venres 1 de marzo, a partir das 11.30 horas, no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, o relatorio A Intelixencia Artificial (IA) e a súa aplicación na relación co consumidor.

Esta sesión divulgativa, promovida pola profesora do grupo de innovación docente TecnoMarketing da USC Sandra Castro González, está orientada ao alumnado do grao en Empresa e Tecnoloxía na Facultade de ADE, que tamén colabora na organización do evento.

0.2126739025116