A Facultade de Veterinaria acolle un obradoiro de arte urbana
A Comisión de Xénero da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC organiza un obradoiro de arte urbana os días 20 e 21 de abril. Esta actividade de carácter gratuíto, que conta con financiamento da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC, que dirixe Pilar Murias, está aberta á participación de toda a comunidade universitaria será impartida por Trece Trazos.
O obxectivo desta iniciativa a prol da creatividade artística, que está limitada a un máximo de 15 participantes, é achegar a comunidade universtiaria ao mundo dos murais.
Daquela, os responsables de Trece Trazos ensinará a público participante técnicas de debuxo que, de seguido, poñerán en práctica na elaboración dun mural de temática feminista, a través do que se busca reivindicar o cometido da muller na profesión veterinaria. As persoas interesadas en tomar parte neste obradoiro de arte urbana poden formalizar xa a súa inscrición en liña.
As dúas xornadas de traballo programadas serán o 20 de abril, a partir das 18 horas, e o 21 de abril, en quenda de mañá, a partir das 12.00 horas. O punto de encontro será o pavillón central da Facultade de Veterinaria, desde onde os repsonsables de Trece Trazos acompañarán aos participantes ata o lugar no que se desenvolverán as actividades.