A Fada Diana protagoniza un contacontos educativo na Casa da Cultura da Fonsagrada

O martes 17 de xuño, ás 17:00 horas, a Casa da Cultura da Fonsagrada converterase nun escenario máxico coa chegada da Fada Diana, unha heroína que lidera unha aventura para ensinar aos máis pequenos a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente.
Destinado a nenas e nenos de 0 a 15 anos, este espectáculo combina danza, circo, monicreques, maxia e cancións orixinais para crear unha experiencia única que mistura diversión e educación.
A actividade busca sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia de preservar o planeta a través dunha narrativa lúdica e inspiradora, onde a Fada Diana actúa como salvadora do mundo, guiando os pequenos no marabilloso universo das fadas e dos valores ambientais.