A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo reclama a gratuidade do aparcadoiro do HULA

LugoXa
La Federación Asociación de Vecinos de Lugo reclama de nuevo que el aparcamiento del Hospital Universitario Lucus Augusti sea gratuito.
hula hospital lugo
27 Dec 2021

A Federación Asociación de Veciños de Lugo volve reclamar a gratuidade do aparcadoiro do HULA. Loitando así por un dereito para os cidadáns e unha mellora na calidade de vida dos lucenses ao facilitar a chegada ao centro de saúde.

A Asociación de Veciños de Lugo dirixiuse ao conselleiro de sanidade o pasado 8 de xaneiro, debido a que a data de caducidade da concesión do aparcadoiro era próxima. Obtendo como resposta que “A Xerencia está elaborando xa uns novos pregos nos que se aplicará unha redución das tarifas para lograr que estean máis adaptadas as necesidades dos usuarios do Hospital Lucense e que se asemellen as que se aplican no resto dos hospitais públicos dependentes do Servicio Galego de Saúde, onde consideran que así ter resolto o problema de costos desmesurados por uso no aparcamento do Hula, aínda que sexa de forma parcial”.

Ante esta resposta, a asociación négase a aceptar os plans que se están a contemplar, xa que consideran que a xestión deberá ser encargada por un ente social ou ONG, sen ánimo de lucro e que empregue a discapacitados ou persoas con algunha deficiencia. Tamén salientan que o custe por hora debería de axustarse ao máximo o seu custe de explotación, non superando en ningún dos casos os 60 céntimos por hora e sendo gratuíta a primeira hora. Recordan que Lugo ten que dispor dunha tarifa totalmente diferenciada do resto de Galicia, dado que o Sergas recibiu de balde por parte do Concello de Lugo os terreos para a construción do Hula, mentres que no resto dos Hospitais o Sergas tivo que afrontar o custe pola compra dos terreos. Ademais, reivindican que cada enfermo ingresado debería dispoñer dunha praza de aparcadoiro gratuíto durante o tempo de ingreso e que os prezos finais do uso do aparcadoiro teñan unha bonificación do 50% os fines de semana e os festivos.

0.19692087173462