A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti celebra o magosto en Paradai e Galegos

LugoXa
As celebracións, organizadas en colaboración co Concello de Lugo e as entidades veciñais, serán o 13 e 14 de novembro e terán carácter gratuíto
Castañas asadas
12 Nov 2025

A Federación de Asociacións Veciñais da Provincia de Lugo Lucus Augusti continúa co seu programa de Magostos Veciñais e celebrará dúas novas citas esta semana.

O primeiro terá lugar o mércores 13 de novembro, ás 18:00 horas, na Praza do Parque de Paradai, en colaboración coa Asociación Veciñal Alexandre Bóveda Paradai. O segundo será o xoves 14 de novembro, ás 17:30 horas, no local social de Galegos, en colaboración coa Asociación de Veciños As Campas de Galegos.

Os magostos están organizados pola Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti coa colaboración do Concello de Lugo e das asociacións veciñais Alexandre Bóveda Paradai e As Campas de Galegos. As actividades serán completamente gratuítas e contarán con carpas no caso de que a climatoloxía non acompañe.

O obxectivo destas celebracións é fomentar a convivencia e recuperar a tradición do magosto, unha das festas máis características do outono galego, reunindo á veciñanza arredor dun produto tan típico como as castañas e promovendo que este tipo de encontros se estendan a todos os barrios da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.13340282440186