A Federación de Lugo promove unha camiñada para implicar á veciñanza

LugoXa
A Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti promove unha camiñada baixo o lema “Camiñar é a mellor medicina”
presentación_camiñata_federación_de_lugo
7 Xuño 2024

A Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti promove este sábado 8 de xuño unha camiñada baixo o lema “Camiñar é a mellor medicina”. A saída terá lugar ás 11.30 horas dende o cruce da estrada da Fonsagrada co Paseo do Rato (edificio da Cruz Vermella) ata Galegos.

Todos os participantes recibirán unha camiseta de agasallo. A proposta conta coa colaboración da Deputación de Lugo, do Concello de Lugo e a Federación de Comercio de Lugo.

0.11768794059753