A Federación de veciños Lucus Augusti pide celebrar os enterros tamén polas tardes no cemiterio municipal
Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti traslada as queixas dos lucenses e das lucenses ao non poderse celebrar os os enterros polas tardes no Cemiterio de San Froilán. “Ó limitar que os enterros só póidanse realizar polas mañás, ocasiona graves problemas á ciudadanía”, explica o colectivo.
Diríxense á Concellería de Servizos para a Veciñanza para trasladar o seu malestar porque “se morres en Lugo e queres que te enterren no cemiterio municipal de San Froilán ten que ser pola mañá, mentres que, se te enterran nun cemiterio dunha parroquia de Lugo pode ser de tarde”. Deste xeito, lembran que a medida supón que para poder asistir a un enterro dun familiar ou un amigo, teñas que pedir a mañá libre no traballo ou non poidas asistir.
Ademais, as familias tamén resultan prexudicadas xa que, cando unha persoa falece, “ao medio día dita celebración tense que demorar un día máis, para poder celebrar o enterro pasadas as 24 horas do seu falecemento”. Isto supón, segundo expoñen, que a familia teña que pagar un día máis polo uso do tanatorio, ao non poder realizalo ao día seguinte pola tarde.
Aseguran que son moitas as familias que piden que os enterros se volvan a realizar de mañá e de tarde e que se a organización do persoal do cemiterio non o permite, “que se externalice o servizo”, pero os cidadáns teñen dereito a un servizo en condicións, un servizo de atención de mañá e de tarde.