A Federación de veciños Lucus Augusti pide o arranxo do aparcadoiro gratuíto do HULA
Desde a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo demandan "o urxente arranxo do pavimento do Leirapárking, xa que coas primeiras choivas do outono, o coñecido Leirapárking ou aparcadoiro gratuíto do Concello de Lugo, que está situado enfronte á entrada principal do Hospital Universitario Lucus Augusti, atópase nun estado lamentable".
O parking "está todo cheo de fochancas, o cal dificulta tanto o aparcamento como o tránsito, provocando danos nos vehículos que o utilizan".
Ante esta situación a Federación de Asociacións Veciñais de Lugo Lucus Augusti, solicitan "que se realicen urxentemente as obras de mellora do devandito aparcadoiro, cubríndoo cunha capa de saburra e as convenientes obras de mantemento, drenando o terreo para evitar esta problemática".