A Federación de Veciños Lucus Augusti aposta por unha gran praza na Estación de Autobuses

LugoXa
A Federación suxire que a Xunta debería consensuar as súas propostas coa Corporación Municipal, xa que a Estación de Autobuses ocupa o que era o Campo da Feira do Concello de Lugo
Estacion-autobuses---Lugo-(1)
11 Feb 2025

Desde a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti manifestan a súa preocupación pola "falta de seriedade e coherencia da Xunta de Galicia respecto ao futuro da actual estación de autobuses da cidade".

“Parece que a Xunta está a responder a intereses externos, guiados por unha asociación ‘amiga’ que, sen ser representativa nin lexítima, parece estar ditando as decisións sobre a estación de autobuses”, afirma a Federación.

A representación veciñal apunta tamén que, tras meses de anuncios de proxectos que nunca se materializan, hai unha sensación de engano entre a cidadanía lucense. “É lóxico pensar que nos estiveron enganando aos lucenses, presentando proxectos que despois se incumpren ou se modifican permanentemente”, engaden desde a Federación.

Así, a Federación mantén unha postura clara e constante: para eles, a actual estación de autobuses debe dar paso a unha gran praza que a zona necesita, con aparcadoiro subterráneo, "como foi prometido e incumprido pola Xunta", din; e que debe ser un espazo peanil para o goce dos lucenses.

Esta gran praza, segundo a Federación, debe contar con elementos humanizadores e espazos de lecer en superficie, e debe acoller actividades recreativas e mercadillos, favorecendo o disfrute e benestar de toda a cidadanía, e non unicamente intereses particulares.

A Federación tamén recorda que a Estación de Autobuses ocupa o que antigamente era o Campo da Feira, un espazo pertencente ao Concello de Lugo, que foi cedido á Xunta de Galicia para a construción da estación.

A Federación suxire que a Xunta debería consensuar as súas propostas coa Corporación Municipal, especialmente co equipo de goberno, e con todos os sectores afectados como empresarios, veciños, entidades e colectivos sociais.

“Estamos ante unha decisión clave que condicionará o futuro dunha parte importante da cidade. Esta decisión debería basarse no consenso, non en acontecementos improvisados ou propostas que parecen máis ben experimentos, como as que está a levar a cabo a Xunta de Galicia”, subliñen desde a Federación de Veciños.

0.19624805450439