A Federación Galega de Enfermidades Raras ten en marcha unha campaña de recadación solidaria

LugoXa
A Federación vende máis de 12.000 bastóns de caramelo na propia sede de Fegerec, en mesas a pé de rúa en Lugo durante o mes de decembro e en establecementos
Fegerec-na-rúa-Raíña-de-Lugo
17 Dec 2024

A Federación Galega de Enfermidades Raras contribúe o coñecemento das enfermidades raras, a súa prevención, tratamento e o coidado das persoas que as padecen na comunidade galega, velando porque se respecten os seus dereitos a través dunha campaña.

'Ser como Guille' é o obxectivo desta campaña, xa que o representa aos nenos e nenas afectados por estas patoloxías en Galicia. Guille segue sendo este ano o embaixador de FEGEREC nesta acción para visibilizar e facer presente na contorna unha realidade que afecta a 200.000 persoas que sofren algunhas das 7.000 patoloxías denominadas raras.

Por isto, a Federación vende máis de 12.000 bastóns de caramelo (sen glute nin lactosa) a través de distintas canles como farmacias, na propia sede de Fegerec, en mesas a pé de rúa en Lugo durante o mes de decembro, hospitais, centros comerciais, etc.

⚙ Configurar cookies
0.46981906890869