A Federación Lucus Augusti organiza un evento o sábado para celebrar o Día do Árbol

LugoXa
O Día da Árbore é unha oportunidade para sensibilizar á poboación sobre a importancia da natureza e do medio ambiente
Día-da-Árbore-Lugo
20 Mar 2025

O próximo sábado 22 de marzo de 2025, a Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti celebrará unha nova edición do Día do Árbore, que terá lugar na rúa Galegos.

Espérase a participación de máis de 200 persoas procedentes de diversas Asociacións Veciñais e Parroquias da Provincia de Lugo. Ademais, o evento contará coa presenza de varias autoridades, como o alcalde de Lugo, Miguel Fernández; o deputado da Área de Medio Ambiente da Deputación Provincial de Lugo, Carlos López López; e a subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez.

Todo comezará ás 12.00 horas coa plantación de 20 árbores autóctonas por parte das personalidades e autoridades presentes no evento, en terreos da Deputación Provincial de Lugo.

Pola súa parte, ás 12.30 horas, entregarase un árbore de especie autóctona a todos os asistentes, incluíndo directivos e colaboradores das Asociacións Veciñais. Ademais, o Concello de Lugo fará entrega dunha planta medicinal (como romeiro ou orégano) a todos os presentes.

Finalmente, ás 13.30 horas, os asistentes poderán desfrutar dunha comida nun espazo habilitado baixo carpas, onde se promocionarán produtos da Provincia de Lugo, como empanada, pan e embutidos. O custo da comida será asumido pola Federación Veciñal.

No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan realizar a comida ao aire libre, o evento trasladarase ao Local Social da Asociación de Veciños as Campas de Galegos.

O Día da Árbore é unha oportunidade para sensibilizar á poboación sobre a importancia da natureza e do medio ambiente, ao tempo que se fomenta o compromiso co coidado do entorno local.

⚙ Configurar cookies
0.18042492866516