A Federación Veciñal Lucus Augusti alerta da falta de compromiso da Xunta coa Ronda Leste de Lugo

LugoXa
Denuncian que se consignan orzamentos que nunca se executan, deixando sen solución os problemas de tráfico e do parque do Rato
vista-aerea-prolongacion-ronda-leste
29 Oct 2025

A Federación Veciñal Lucus Augusti criticou  a actuación da Xunta de Galicia respecto á Ronda Leste de Lugo, asegurando que “levamos anos vendo como o goberno autonómico consigna cantidades nos orzamentos que nunca se executan, o que nos parece unha falta de respecto á cidadanía”. Segundo denuncian, as promesas de investimentos “parecen fume”, xa que, a pesar de aparecer no papel, “non se executan nunca” e a sensación é que se “ríen de nós ou nos toman por tontos”.

Desde a federación lembran que asociacións do seu ámbito, como as de Fontiñas e Montirón, veñen reivindicando a necesidade de executar a Ronda Este para evitar atascos na Avenida de Fontiñas e o deterioro do parque periurbano do Rato debido ao paso continuo de vehículos ao HULA.

Lamentan ademais que, tras case dous anos de espera, a Xunta de Galicia en Lugo aínda non presentou o proxecto, que debería causar o menor impacto medioambiental posible. Avisan de que, mesmo unha vez aprobado, o proceso completo de exposición pública, alegacións, expropiacións, licitación e execución da obra podería prolongarse ata 2031 ou 2032 no mellor dos casos. Mentres tanto, a cidadanía segue soportando problemas de tráfico e deterioro das infraestruturas.

Para a Federación Vecinal, esta situación evidencia unha “tomadura de pelo” cara aos lucenses, que ven como as cantidades consignadas nos orzamentos nunca se materializan en obras reais.

⚙ Configurar cookies
0.14043402671814