A Federación veciñal celebra o Día da Árbore cunha plantación no río Rato

LugoXa
O vindeiro sábado 23 de marzo, a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lugo Lucus Augusti celebra o Día da Árbore na contorna do río Rato, coa colaboración da Deputación Provincial e o Concello de Lugo.
5 Mar 2024

O vindeiro sábado 23 de marzo, a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lugo Lucus Augusti celebra o Día da Árbore na contorna do río Rato, coa colaboración da Deputación Provincial e o Concello de Lugo. Realizarase unha plantación por parte das autoridades de 20 nogueiras e loureiros.

Posteriormente, entregarase a cada asistente por parte da Deputación unha árbore autóctona para que o plante onde estime conveniente e unha planta medicinal aos membros do Concello. Despois da plantación, co obxectivo de promocionar produtos da provincia, os asistentes degustarán unha comida veciñal a base de empanada, pan e embutidos, que corre a cargo do colectivo.

A agrupación estará acompañada por preto duns 200 representantes de asociacións veciñais de toda a provincia. Desde a federación veciñal levan máis de 20 anos homenaxeando esta xornada, que terá lugar nesta edición no cruce do Rato coa estrada de Fonsagrada, coincidindo co inicio da primavera para concienciar á xente no respecto ao medio ambiente.

O colectivo comezou celebrando esta data en xardíns de distintos barrios da cidade, por distintas parroquias do municipio como Conturiz e tamén en diversos concellos da provincia O Incio, Corgo ou Sarria.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18576097488403