A Federación Veciñal de Lugo trasládalle á concelleira de Muller a súa programación sobre igualdade

LugoXa
Celebraron un encontro coa concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, na que se trataron temas relacionados coa loita pola igualdade
federacion_vecinal_lugo_angeles_novo
Reunión da federación e a concelleira
3 Xuño 2024

A Federación Veciñal de Lugo Lucus Augusti, xunto co grupo de Mujeres Veciñais, coordinado por Mari Carmen Casasnovas García, vicepresidenta da área de Igualdade da Federación, celebraron un encontro coa concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, na que se trataron temas relacionados coa loita pola igualdade e contra a violencia de xénero, a nivel territorial do Concello de Lugo.

A Federación trasladoulle á concelleira de Igualdade a programación que ten este ano 2024 sobre temas de igualdade. Entre eles atópase a estrea dunha obra de teatro representando roles de Igualdade, charlas de educación en valores, publicacións e exposicións.

Na devandita reunión estableceuse unha colaboración coa concelleira de Igualdade, e a Concellería de Igualdade, que apoiará estas accións deseñadas pola Federación Veciñal para loitar pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

0.20936298370361