A federación veciñal esixe o arranxo dos pasos de peóns de Lugo
A Federación de Veciños Lucus Augusti retoma a campaña Aquí houbo un paso de peóns diante do que tildan "inoperancia" dos titulares das concellerías responsables do arranxo e pintado das vías municipais no Concello de Lugo.
Así, o colectivo veciñal diríxese, de novo, aos titulares das concellerías de Vïas e Obras e de Mobilidade, nominativamente, logo de non obter resposta a peticións anteriores ao respecto, a última do pasado mes de xuño.
"Fai un mes dirixímonos aos representantes destass concellerías para informarlles, xa que parece que o descoñecen, do lamentable estado de multitude de paos de póns ao longo e ancho da cidade de Lugo, borrados, mal sinalizados e supoñendo un auténtico e gravísimo risco para a seguridade viaria de milleiros de persoas".
En total, o colectivo veciñal acompaña as súas peticións con ata 60 imáxenes de distintos pasos de peóns da cidade par adenunciar o "lamentable estado, imaxe e, especialmente, o risco innegable que supón". A federación de asociacións veciñais considera que o Goberno local está a facer "caso omiso" a estas peticións e que esta actuación, supón "unha auténtica deixación de funcións".