A Federación Vecinal Lucus Augusti reuniuse con Patricia Otero e César Mogo

LugoXa
Durante este encontro tratáronse diversos temas de gran interese para a cidade e a provincia, tales como o reto demográfico, a igualdade, o estado e desenvolvemento das autovías
Federación-Lucus-Augusti-Lugo
15 Mar 2025

Desde a Federación Veciñal Lucus Augusti continúa a traballar no marco de contacto e diálogo cos diferentes grupos políticos representados no Congreso e no Senado en Madrid.

Neste sentido, xa se mantiveron diversas reunións con senadores e deputados do Partido Popular, nas que se abordaron asuntos de gran relevancia para a provincia, como o tren, as autovías, entre outros temas prioritarios. Así mesmo, estableceuse contacto con Néstor Rego, representante do Bloque Nacionalista Galego (BNG), co obxectivo de concretar unha reunión.

A última tivo lugar o pasado venres, 14 de marzo, no local social da Federación Veciñal, coa participación da deputada Patricia Otero e do senador César Mogo.

Durante este encontro tratáronse diversos temas de gran interese para a cidade e a provincia, tales como o reto demográfico, a igualdade, o estado e desenvolvemento das autovías, as infraestruturas ferroviarias, a mellora da seguridade cidadá coa construción dunha nova comisaría e a creación dunha unidade UPR na Comisaría de Lugo, así como a iluminación das rotondas, a posibilidade de establecer unha Autoridade Portuaria en San Ciprián e os trámites relacionados coa Lei de Dependencia.

A Federación continuará promovendo estes espazos de diálogo e reivindicación co obxectivo de trasladar as necesidades reais da veciñanza e contribuír ao desenvolvemento social, económico e territorial da nosa provincia.

⚙ Configurar cookies
0.13687515258789