A Federación Veciñal Lucus Augusti supera as 300 asociacións federadas tras novas incorporacións

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Desde a Federación Veciñal Lucus Augusti anunciaron que proximamente se levará a cabo unha campaña para a incorporación de novas asociacións na zona da Terra Chá
Fernando Rois Lucus Augusti
4 Mar 2025

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo "Lucus Augusti" anunciou a incorporación de novas asociacións veciñais durante o ano 2024 e comezos de 2025, fortalecendo o seu compromiso coa participación cidadá e o desenvolvemento comunitario. Con estas novas adhesións, a Federación Veciñal supera as 300 asociacións federadas, consolidándose como a organización con máis entidades asociadas da provincia de Lugo.

Entre as novas asociacións que se uniron á Federación atópanse a Asociación de Veciños Carballo D'Arroxo (Sarria), a Asociación Cultural e Veciñal Santiago de Viladonga (Castro de Rei), a Asociación de Veciños da Parroquia de Gondar (Lugo), a Asociación Veciños Cultural Deportiva Castelo Rato (Lugo), a Asociación Cultural San Sadurniño de Chave (O Saviñao), a Asociación de Veciños de As Carballeiras de Bosende Paredes Anguieiro (Lugo), a Asociación de Veciños de O Cadramón (O Valadouro), a Asociación Veciñal Cultural Deportiva "Os Grobos" (Becerreá), a Asociación Social Cultural e Artesá Amig@s de Frigsa (Lugo), a Asociación Mulleres Veciñais Lucenses (Lugo), a Asociación Veciñal Cultural das Parroquias de Cancelada (Becerreá), a Asociación Veciñal Santa Eufemia de Lemos (Monforte de Lemos) e a Asociación Cultural DeiQuí (Navia de Suarna).

Desde a Federación Veciñal Lucus Augusti anunciaron que proximamente se levará a cabo unha campaña para a incorporación de novas asociacións na zona da Terra Chá, co obxectivo de seguir ampliando a representatividade e o traballo en favor das comunidades veciñais.

⚙ Configurar cookies
0.39155316352844