A federación veciñal pon en marcha un buzón online e unha páxina en Facebook
A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo vén de poñer en marcha a web 'Buzón do veciño', co fin de que a cidadanía poida facerlles chegar as súas propostas en relación aos servizos da provincia.
"O portal web nace coa finalidade de abrir unha nova canle de comunicación que facilite e supoña unha nova vía de acceso aos veciños de toda a provincia lucense para facernos chegar as súas demandas e/ou suxerencias, cunha dispoñibilidade das 24 horas do día os 7 días de semana, a fin de mellorar a calidade de vida e servizos", explican desde o colectivo veciñal.
A federación anunciou ademais a apertura dunha páxina en Facebook, a través da cal calquera usuario poderá facerlles chegar tamén as súas mensaxes.
Os representantes veciñais destacan o "labor fundamental" das asociacións e confían en que as novas canles de comunicación "redunden en facilitar o acceso de calquera veciño que desexe porse en contacto coa nosa entidade, e poder así canalizar calquera servizo que así o requira". Pola súa parte, din, comprométense a darlles resposta na maior brevidade posible.