A Feira do 48 arrinca na Praza Maior con música, baile e artesanía tradicional

LugoXa
A cita, promovida por Cántigas e Frores, reivindica o patrimonio cultural galego cun programa que combina tradición, participación veciñal e dinamización local
Feira-do-48-Cantigas-e-Frores-2025
28 Jun 2025

A Praza Maior de Lugo converteuse no epicentro da cultura popular coa inauguración da Feira do 48, organizada pola asociación cultural Cántigas e Frores.

O evento deu comezo cun emotivo pregón a cargo do escritor lucense Lois Pérez e continuará nos vindeiros días cunha variada programación que inclúe actuacións de música e danza tradicional, concertos, un obradoiro de baile e unha feira de artesanía.

A cita busca poñer en valor o patrimonio inmaterial galego a través das diferentes actividades protagonizadas por escolas e agrupacións do colectivo, que ten unha longa traxectoria na recuperación e difusión das tradicións populares.

Durante o acto de apertura, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou o papel fundamental de Cántigas e Frores, á que definiu como “unha auténtica institución da cultura galega que leva décadas traballando pola recuperación, preservación e difusión do noso patrimonio inmaterial”. Arias salientou tamén o impacto da Feira do 48 como motor de dinamización social e comercial, e como unha ponte para transmitir os valores culturais ás novas xeracións.

O representante autonómico destacou o respaldo da Xunta a iniciativas como esta, promovidas por entidades culturais e sociais, que exemplifican como a cultura pode actuar como ferramenta de cohesión, desenvolvemento local e orgullo colectivo.

CONSULTA TODA A PROGRAMACIÓN

⚙ Configurar cookies
0.18647718429565