A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá gaña os Premios da Crítica de Galicia de Cultura Gastronómica

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá volve estar de parabéns, xa que resultou gañadora da XLVII edición dos Premios da Crítica de Galicia da Cultura Gastronómica.
Vigo acolleu o acto de entrega do galardón deste certame, onde a feira friolesa impúxose ás outras dúas finalistas, a empresa láctea Deleite e a Asociación Pulpeiros do Carballiño, converténdose da gañadora de esta edición.
O tenente de Alcalde de Friol e deputado Autonómico Enrique Barreiro acompañado por Paula Roca, veciña e editora da memoria presentada acerca de feira recolleron o galardón deste certame Galego.
"Parabéns a todas as nosas queixeiras panaderías que forman parte da nosa feira e parabéns a Friol", dixo o alcalde, José Ángel Santos.