A Feira de Castro Ribeiras de Lea suspenderase o día 1 de xaneiro e adiantarase ao 24 a de Nadal

LugoXa | TerraChaXa
Concello e feirantes acordaron debido á coincidencia dos días de Nadal e de Aninovo en mércores
caseta-feira-castro
14 Dec 2024

Debido á coincidencia dos días de Nadal e de Aninovo en mércores, día da feira en Castro Ribeiras de Lea, Concello e feirantes acordaron suspender a celebración do día 1 de xaneiro.

Con respecto á do 25 de decembro, esta adiantarase ao día 24, martes, xa que se trata dunha data de moito movemento e se esperan numerosos visitantes á feira.

A Carballeira de Castro de Ribeiras de Lea,  acolle cada mércores a tradicional feira semanal da localidade, que reúne máis dunha vintena de postos nos que se pode atopar roupa, calzado, ferramentas, enxoval de fogar, obxectos feitos artesanalmente, froita e Polbo entre outros.

Ademais, no mesmo campo da feira, hai un alpendre que logra ser un lugar ideal e acolledor onde cada semana cheas de persoas deciden facer unha parada para comer.

 

0.17565202713013