A festa de Pre Fin de Ano de Guntín celébrase este sábado, 21 de decembro

LugoXa
Durante a festa haberá sorteos e ás 00.00 horas terán lugar as campanadas, seguidas da verbena
pavillón-de-guntín
20 Dec 2024

O Concello de Guntín organiza a celebración do Pre Fin de Ano Guntín de Pallares 2024 este sábado, 21 de decembro, a partir das 21.30 horas, no pavillón do colexio.

A comisión de festas de 2025, encargada desta iniciativa, anunciou que o prezo do menú da cea será de 30 euros para adultos e 15 euros para nenos de entre 5 e 12 anos.

O menú ofrecerá lagostinos, churrasco mixto, criollo, pan, veu e refrescos, así como sobremesas e café.

Durante a celebración, realizaranse sorteos e a medianoite levarán a cabo as badaladas, que darán inicio a unha verbena animada polo dúo Tropical e o DJ Patakiña.

⚙ Configurar cookies
0.075046062469482