A festa dos nenos en Castro de Rei será o día 18

TerraChaXa | LugoXa
Castro de Rei xa está preparando para o domingo día 18 de xuño a Festa do día dos Nenos, que este ano será en Castro de Rei
concello castro de rei festa dia dos nenos portada
5 Xuño 2023

O Concello de Castro de Rei xa está preparando para o domingo día 18 de xuño a Festa do día dos Nenos, que este ano será en Castro de Rei e na que os máis cativos e os rapaces poderán desfrutar, como xa é tradicional nesta celebración, de xogos e outras actividades.

O horario da festa será dende as 16:00 h ata as 19:00 h na carballeira ou, se o tempo non o permite, no pavillón do CEIP Ramón Falcón.

Están previstas actividades de inchables, maquillaxe, globoflexia e tiro con arco, todas elas de balde e sen inscrición previa.

concello castro de rei festa dia dos nenos
0.16746783256531