A Festa dos Ovos Rotos con Chourizo de Ribeiras do Lea será este sábado

LugoXa | TerraChaXa
As actividades comezarán ás 11,00 horas coa apertura da feira de artesanía e durarán todo o día
festa-ovos-fritos-con-chourizo-ribeiras-de-lea-presentacion
27 sep 2024

A II Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, celébrase este sábado, día 28 de setembro, co apoio da Xunta.

As actividades comezarán ás 11,00 horas coa apertura da feira de artesanía e durarán todo o día. Ás 14,45 horas servirase o xantar popular baixo carpa, que terá como prato principal o que lle dá nome á festa. Para participar hai que adquirir o tícket previamente nos establecementos e números de teléfono habilitados pola organización (figuran no cartel anunciador e nas redes sociais da asociación).

A xornada tamén contará cunha das foodtrucks itinerantes que percorren Galicia a través da campaña Galicia Sabe Amar, impulsada pola Consellería do Mar para divulgar a gran calidade e variedade de peixes e mariscos cos que conta a Comunidade. As persoas que se acheguen ao posto poderán degustar de xeito gratuíto petiscos elaborados con produtos certificados do mar.

O programa inclúe ademais expositores e talleres de artesanía, xogos tradicionais, exhibición de coches clásicos, actuacións musicais e un espectáculo humorístico co monologuista Xan Veiga.

0.19890880584717