A Festa ó Emigrante volve a Pol o 24 de agosto

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Pol celebrará o xoves 24 de agosto a súa tradicional Festa ó Emigrante cos veciños e visitantes que tamén queiran participar, e que se darán cita na carballeira de Mosteiro para desfrutar do xantar.
portada festa emigrante pol
11 Ago 2023

Pol celebrará o xoves 24 de agosto a súa tradicional Festa ó Emigrante cos veciños e visitantes que tamén queiran participar, e que se darán cita na carballeira de Mosteiro para desfrutar do xantar.

O Concello instalará como todos os anos unha carpa con capacidade para 1.800 persoas, para xantar no seu interior e gozar do ambiente festivo que haberá na carballeira. Ademais, os grupos tamén participan coas merendas no exterior da carpa e de feito, contarán tamén con diferentes postos de comida.

Nesta edición, a xornada dará comezo ás 13:00, coa misa, para dar paso ao pregón, que estará a cargo de Hortensia Díaz Blanco, profesora natural da parroquia de Silva. Meida hora máis tarde procederase ao descubrimento da placa conmemorativa do XXXVII Aniversario da Festa ó Emigrante no Concello de Pol.

Ás 14:15 comezará a sesión vermú amenizada pola orquestra La Travesía e ás 15:00 terá lugar o xantar popular. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, actuará a charanga CDV de Vilalba, á que seguirá, ás 20.00 horas o DJ Adolfo Valiño.

A música continuará pola noite, a partir das 23:00, coa verbena, que estará amenizada polas orquestras La Formula e La Travesía. Como todos os anos, a comida estará aberta a toda a poboación, e para anotarse haberá que  chamar ao Concello (982 345 029) antes do día 22 entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Pola tarde, ás 20.00 horas terá lugar o primeiro Torneo SD Pol de fútbol, no que se enfrontarán o ascendido Vilalbés e UD Ourense. Previamente, o mércores 23, terá lugar a presentación do equipo da SD nun partido contra o equipo das Pontes no novo campo municipal.

Pol Festa emigrante
0.13882493972778