A Final Galega da Olimpíada Matemática dispútase Lugo

LugoXa | SarriaXa
É un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado da ESO e consta de diferentes fases
olimpiada_galega_matematicas_lugo
A Final Galega da Olimpiada Matématica celebrouse en Lugo
23 May 2024

A Final Galega da Olimpiada Matématica celebrouse no Pazo de San Marcos de Lugo, que reuniu na cidade de Lugo durante toda a xornada a 40 estudantes de Galiza do último curso de ESO, entre eles cinco estudantes lucenses do IES Leiras Pulpeiro, IES Ánxel Fole, Colexio Maristas e CPR Divina Pastora – Salesianos, todos da cidade de  Lugo – e do IES Gregorio Fernández de Sarria.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e a concelleira de Cultura e Turismo de Lugo Maite Ferreiro entregaron os premios do certame, a estudantes de centros da Coruña, Compostela e O Carballiño, que representarán a Galicoa na proba estatal a mediados de xuño en Jarandilla de la Vera.

A área de Cultura  da Vicepresidencia da Deputación colaborou coa Asociación Gallega del Profesorado de Educación Matemática (Agapema) na organización desta cita, que trouxo a Lugo tamén a familiares do alumnado, que aproveitaron a xornada para visitar o Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) e o Museo Provincial de Lugo.

A Olimpíada Matemática é un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado da ESO e consta de diferentes fases. Participantes chegados de toda Galiciaa chegaron a Lugo onde se reuniron as 40 persoas finalistas para disputar a Final Galega da Olimpíada 2024.

0.18565392494202