A Fonsagrada abre o prazo de inscrición para as actividades de outono

O Concello da Fonsagrada vén de anunciar o seu programa de actividades para os meses de outubro, novembro e decembro de 2025. A oferta inclúe pilates, ioga, baile de salón e pintura, co obxectivo de promover o lecer e a formación cultural e deportiva entre a veciñanza.
As sesións de pilates e ioga impartiranse os luns e mércores, mentres que as clases de baile de salón e pintura terán lugar os martes en horario de tarde.
O prazo de preinscrición permanecerá aberto do 11 ao 22 de setembro, podendo realizarse tanto na sede electrónica do Concello (apartado “Lecer, actividades e cursos”) como de maneira presencial no rexistro municipal.
A taxa para participar no programa é de 70 euros por trimestre, e as prazas cubriranse por orde de inscrición.