A Fonsagrada abre o prazo de inscrición para o seu campamento de verán

O Concello da Fonsagrada vén de abrir o prazo de inscrición para o seu campamento de verán, unha iniciativa enmarcada na súa política de igualdade de xénero e conciliación da vida laboral e familiar.
A actividade está pensada para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos e permitirá compatibilizar os horarios familiares durante as vacacións escolares ao tempo que ofrece un espazo de lecer e aprendizaxe no propio municipio. O prazo para anotarse estará aberto entre o luns 16 e o venres 27 de xuño, ambos incluídos.
O campamento desenvolverase en tres opcións distintas: do 14 ao 31 de xullo, do 1 ao 14 de agosto ou durante todo o período comprendido entre o 14 de xullo e o 14 de agosto.
O Concello anima ás familias a aproveitar este servizo para facilitar a conciliación e garantir o benestar dos máis pequenos.