A Fonsagrada acolle a proxección do filme 'O Corno' no marco do ciclo dos Mestre Mateo

LugoXa
Ademais, proxectarase o documental 'Emoción, Vida e Teatro. A nave das Marías'
O-Corno
12 Dec 2024

A asociación Abordelar, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, remata as sesións do ciclo Mestre Mateo no Salón de Actos Municipal dos Chaos da Fonsagrada.

Desta maneira, o sábado 14, ás 20.00 horas, proxectarase o filme de Jaione Camborda, 'O Corno', recoñecida en 2023 co premio da 'Concha de Oro' do Festival Internacional de Cine de San Sebastián á mellor película e o premio Goya á mellor actriz revelación con Janet Novás.

Ademais, o domingo 15, ás 17.00 horas proxectarase o documental 'Emoción, Vida e Teatro. A nave das Marías', producido pola ONG Ecos do Sur e dirixido por Saamira Ganay e Cris Andina. Esta peza é foi unha peza teatral creada no marco da ONG para darlle ás mulleres migrantes, nunha meirande parte latinoamericanas, un espazo de participación e visibilidade para promover procesos de sensibilización social no ámbito da igualdade de xénero.

"Dende Aborderlar queremos agradecer por adiantado a boa recepción da veciñanza e ás institucións que participaron no programa por facelo posible na Fonsagrada", din desde a Asociación.

0.15117216110229