A Fonsagrada acolle mañá a Copa Deputación de fútbol benxamín
O Concello da Fonsagrada acollerá mañá, sábado 11 de xuño, o campionato de fútbol Copa Deputación, na súa categoría Benxamín.
Así, dende as 10.00 horas daranse cita seis equipos benxamíns da provincia, para intentar chegar á final. Ás 10.oo horas terá lugar os primeiros dous partidos, nos que se verán as caras o Fonsagrada FC contra o SD Becerreá, así como o CD Lugo e a Ferroviaria B. Ao seu remate, será o turno de misturar os equipos. Así, ás 11.00 horas, o CP Casás xogará contra o Fonsagrada FC, mentres que a Ferroviaria B enfrontarase ao Gimnástica Lucense.
Xa a mediodía volverá a xogar o SD Becerreá, esta vez contra o CP Casás mentres que a Gimnástica Lucense loitará pola final contra o CD Lugo. Por último os mellores clasificados competirán, ás 13.00 horas, na final.
Todos os encontros terán lugar no campo municipal Gómez Besteiro.