A Fonsagrada acolle un encontro de proxectos labregos da Montaña
O local Asgafon da Fonsagrada acollerá este mércores, 21 de xuño, un encontro de proxectos labregos de Montaña, unha actividade pensada para coñecer, compartir proxectos, aprender, poñer de manifesto necesidades conxuntas e facer propostas de cara ao desenvolvemento local e a estratexia #Leader do territorio.
"A participación neste tipo de encontros é moi importante para crear unha forte rede de persoas e proxectos locais, que sume forzas no desenvolvemento local", explican dende a asocaición.
A xuntanza terá lugar a partir das 10.30 horas comezando pola presentación dos proxectos para continuar cunha exposición de necesidades e propostas. Trala celebración dun xantar e degustación, exporanse as conclusións da xonrada de cara a estratexia Leader. Pecharán a xornada cunha visita á granxa de David Outeiro.