A Fonsagrada acolle un espectáculo de lume e acrobacias co Circo de Asacocirco o 28 de xuño

A Praza do Concello de A Fonsagrada converterase este sábado 28 de xuño nun escenario cheo de lume, acrobacias e emoción coa chegada do Circo de Lume da compañía Asacocirco.
O espectáculo dará comezo ás 22:30 horas e está promovido polo Concello da Fonsagrada en colaboración coa Xunta de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
O público poderá gozar dunha proposta visual e escénica chea de ritmo, malabares, danza e lume, pensada para toda a familia e cunha posta en escena que mestura a maxia do circo contemporáneo co poder hipnótico das chamas.