A Fonsagrada acolle unha charla sobre ciberseguridade
LugoXa
A Fonsagrada acolle unha charla sobre ciberseguridade o martes 20 de xuño na Casa da Cultura en horario de 12.00 a 13.00
14 Mar 2023
O martes 20 de xuño a Fonsagrada acolle unha charla informativa sobre ciberseguridade: O teu día día, con seguridade.
Esta formación organizada polo CeMit en colaboración co departamento de ciberseguridade de Amtega busca ofrecer recursos dixitais de forma gratuíta.
A charla terá lugar na Casa da Cultura da Fonsagrada en horario de 12.00 a 13.00.
Haberá un total de 25 prazas e a idade mínima para acceder son os 16 anos. O prazo de inscrición xa está aberto e poderá realizarse a través do seguinte enlace.