A Fonsagrada acolle unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo con 16 títulos do mellor cine galego

LugoXa
O Salón de Actos dos Chaos proxectará cada venres películas, documentais e curtas recoñecidas nos premios da Academia Galega do Audiovisual
Honeymoon
26 Aug 2025

A Asociación Cultural Abordelar organiza unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo na Fonsagrada, un proxecto promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Durante dous meses, o Salón de Actos dos Chaos converterase en punto de encontro co mellor cine galego, con proxeccións todos os venres ás 20:30 horas, agás o 19 de setembro, que se trasladará ao sábado 20.

A programación inclúe títulos destacados como +Cuñados, Prefiro condenarme ou Filmei paxaros voando, ademais de As Neves, filme rodado na propia Fonsagrada e na súa contorna. A sesión inaugural será este venres 29 de agosto con Honeymoon.

O público poderá gozar dun total de 16 obras, entre películas, documentais e curtas, todas elas distinguidas nos Premios Mestre Mateo, o gran escaparate do audiovisual galego.

O obxectivo desta iniciativa é achegar o cine galego aos concellos que carecen dunha oferta comercial estable, facilitando o acceso da veciñanza ás últimas producións do sector.

⚙ Configurar cookies
0.17348289489746