A Fonsagrada acollerá un espectáculo de maxia do Mago Lolo o 14 de agosto

LugoXa
A actuación terá lugar na Praza da Igrexa e irá seguida dun ágape de agradecemento para os colaboradores do Corpus
Praza-da-Igrexa-A-Fonsagrada
13 Aug 2025

A Praza da Igrexa da Fonsagrada converterase o vindeiro 14 de agosto nun escenario para a ilusión e a sorpresa coa celebración dun espectáculo de maxia a cargo do Mago Lolo.

A cita, aberta a nenos e adultos, comezará ás 18.00 horas e promete unha tarde chea de humor, participación e xogos de prestidixitación para todos os públicos.

Ao rematar, ás 20.00 horas, o Restaurante Caldeira acollerá uns pinchos dirixidos ás persoas que colaboraron na recollida de flores e na elaboración das alfombras florais do Corpus 2025. Esta recepción busca recoñecer e agradecer publicamente a súa encomiable labor na organización e desenvolvemento desta tradición local.

O evento está organizado polas familias dos nenos e nenas de Corpus 2025, que convidan á veciñanza e visitantes a gozar dunha xornada festiva e de convivencia.

⚙ Configurar cookies
0.19477391242981