A Fonsagrada acollerá un taller de iniciación ao mundo dixital para maiores de 60 anos

O Concello da Fonsagrada, en colaboración co programa YoConecto.org, organiza un Taller de Iniciación ao Mundo Dixital, pensado especialmente para persoas maiores.
O curso impartirase de maneira presencial e gratuíta, do 7 ao 11 de abril, en horario de 17.00 a 19.00 horas, na Aula CeMIT da Casa da Cultura da Fonsagrada.
Durante o taller abordarase o uso básico de Internet, administración electrónica, banca dixital, redes sociais, seguridade na rede, identidade dixital e aplicacións de saúde e ocio, todo con certificación oficial.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 982 34 02 45. O prazo de inscrición remata o 21 de marzo, así que dende o Concello animan a aproveitar esta oportunidade para perder o medo ás novas tecnoloxías e conectarse co mundo dixital de maneira segura.